GEM (Giménez, Escrich, Morales)

O GRUPO

Fundado hai máis de cinco anos. Neste tempo realizou máis de 40 concertos por todo o territorio español e participou en importantes festivais nacionais. En ocasións a nome de algún dos seus integrantes como trío.

O grupo interpreta temas propios así como versións orixinais de standards e temas populares do repertorio jazzístico poñendo especial énfase na variedade e na improvisación como pilares máximos das suas actuacións.

Todos os compoñentes do grupo poseen unha sólida formación. En ocasións invitan a solistas destacados a colaborar nas suas actuacións, como Iñaki Askunze, José Ramón Feito, Terela Gradín, etc.

LUIS GIMÉNEZ guitarra

Guitarrista nacido en Zaragoza en 1972. En 1991 estudia no Taller de Músicos de Madrid con Ximo Tebar e Chema Sainz.

En 1993 ingresa na Berklee School of Music de Boston, onde estudia con Brett Wilmott e participa en clases e seminarios con Mike Stern, Pat Martino e Kurt Rosenwinkel entre outros. Alí gradúase cum laude en “Composición de Jazz”.

Ten participado en concertos, festivais e grabacións acompañando a músicos e grupos como Iruña Big Band, Javier Garayalde, Gaia, Moncayo, Mcguffin Trio, etc.

No festival de jazz de Zaragoza tocou en tres ocasións con distintas formacións incluido o seu propio trío (Mcguffin Trío).

Actualmente da clases de guitarra de jazz no novo departamento do Conservatorio Superior de Música de Navarra de Pamplona.

MARCELO ESCRICH contrabaixo

Contrabaixista. Naceu en Arxentina onde cursou estudos de contrabaixo no Conservatorio de Bahía Blanca, completando a sua formación co contrabaixista polaco Alexander Micolacziw.

En España formou parte de grupos como Nuash, Ricardo Urrutia Trio, etc., e ten acompañado a Andrezj Oleniczak, Frank Emilio, Mikel Andueza e Javier Garayalde entre outros.

Deu cursos de jazz en Vitoria, Logroño, Zaragoza, Castellote e na Escuela de Música de Buenos Aires, EMBA, e en Collegium Córdoba, en Arxentina.

É profesor titular da Escuela de Música “Luís Morondo” de Barañain onde ademáis dirixe a Big band, tendo realizado xiras polo sur de España, Portugal e Polonia. É profesor de contrabaixo de jazz no Conservatorio Superior de Música de Navarra de Pamplona.

FELIX MORALES batería

Ten tocado e feito xiras con músicos da talla de Jorge Pardo, M. A. Chastang, Rebecca Parris, Andrej Olejniczak, Angel Rubio, Andreas Prittzwitz, Bob Sands, David Spencer, Malik Jakub, Joaquín Chacón, Javier Garayalde e Iñaki Askunce entre outros.

Desde o ano 1.994 exerce como profesor nos cursos de música do Taller de Músicos de Gijón, dependente da Fundación Municipal de Cultura do Ayuntamiento de Gijón.